A Cámara de Comercio de Ferrol pon á súa disposición este novo espazo web na súa páxina. Esta iniciativa nace para mellorar, promover e fortalecer a presenza da lingua galega no tecido empresarial da demarcación cameral. Ademais, desde esta páxina queremos promover a calidade comunicativa e lingüística desde unha perspectiva plurilingüe e diversa. Queremos apoiar o desenvolvemento das linguas en xeral e do galego en especial.
Iniciamos este labor ofrecendo unha escolla dos recursos lingüísticos, ferramentas e aplicacións informáticas relacionadas coa lingua galega que existe na rede.