• Inicio
  • Correctores
  • Dicionarios
    e vocabularios
  • Aprendizaxe
  • Tradutores
  • Linguateca
  • Recursos
    para empresas
  • Guía
    de estilo
   
XERAIS · TEMÁTICOS

Nos dicionarios e vocabularios atópanse certa diversidade formal. Algúns figuran aquí por achegar definicións e aclaracións de significado aínda que non estean actualizados; outros cumpren a función, necesaria, de fixación ortográfica. Para favorecer a localización do recurso, optouse por unha selección e non por unha enumeración exhaustiva.

Dicionario normativo da editorial Ir Indo que ofrece, ademais das definicións de cada palabra, a súa equivalencia en portugués, castelán e inglés. Este dicionario inclúe tamén, en moitos casos, a etimoloxía da palabra e os seus posibles sinónimos. Dicionario normativo da editorial Ir Indo.

Na páxina da Xunta de Galicia atópase este dicionario. Non inclúe as modificacións normativas de 2003. Dicionario da Real Academia Galega

Representa unha ferramenta de grande utilidade para consultar a ortografía das palabras no estándar galego.
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Dicionario inglés-galego/galego-inglés. Inclúe un corpus lingüístico que mostra a palabra no seu contexto. Dicionario CLUVI

Neste glosario do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela recóllense algúns dos erros máis frecuentes que se cometen en galego e as propostas de solución.
Glosario de dúbidas