A factura é un documento entregado por quen vende cando se produce unha venda de mercadorías ou unha prestación de servizos. Na factura especifícanse os produtos ou servizos e as súas características (unidades, embalaxe, expedición, importe, condicións de pagamento etc.).