É o cálculo anticipado no cal se determina o custo para a realización dun produto, a execución dunha obra ou ben a prestación dun determinado servizo. Normalmente inclúense, dunha maneira detallada e convenientemente valorados, o material, as horas de traballo, os impostos aplicados etc. Este documento, que non ten ningún formato predeterminado, representa en determinados tráficos o inicio dunha relación contractual.