A Cámara de Comercio de Ferrol presenta Documentos en dixital, unha ferramenta útil e práctica para o día a día das empresas.
O tecido empresarial precisa ter unha imaxe acorde cos novos tempos e cos novos retos. Unha imaxe de actualidade, calidade e innovación. Nun mundo cada vez máis e mellor comunicado cómpre dispor de todos os recursos necesarios para apoiar a interacción social de calquera empresa.
Hoxe a lingua galega posúe xa un espazo propio no sector socioeconómico e a xestión do multilingüismo representa un factor importante no incremento da competitividade de calquera empresa ou organización.
Por este motivo nace Documentos en dixital, un conxunto de recursos para apoiar a empresa na potenciación de competencias lingüísticas en galego.
Con Documentos en dixital queremos conseguir que na súa empresa a comunicación en lingua galega sexa unha comunicación de calidade, moderna, útil e áxil. Pretendemos apoiar o seu traballo cos recursos que aquí lles ofrecemos para contribuír no seu propio proxecto de mellora e innovación empresarial.
Queremos agradecer o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Caixanova que fixeron posible o nacemento desta iniciativa.