Esta guía de estilo da Cámara de Comercio de Ferrol nace co obxectivo de fornecer as pautas precisas para elaborar textos coherentes, eficaces e correctos. Esta é unha necesidade vinculada coa importancia que adquiriu a corrección lingüística na proxección da imaxe de calquera entidade.
Cal é a función desta guía de estilo? A súa elaboración responde, pois, a unha demanda de solucións rápidas ante as dúbidas que xorden en determinados usos gramaticais, ortográficos ou léxicos. Busca ofrecer solucións sinxelas, desde un punto de vista práctico, para a expresividade da lingua.
Agardamos que vos resulte útil e amena.