A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T V X Z


-án/-á
O esquema destas terminacións no masculino e no feminino é o seguinte:
-án/-á, áns/-ás (irmán/irmá, irmáns/irmás).
Esta é a solución da maior parte de palabras patrimoniais e tamén da maioría dos xentilicios, sobre todo dos galegos: artesán/artesá, cotián/cotiá, arousán/arousá; ribeirán/ribeirá; alemán/alemá...
Porén, a terminación -án/-ana aparece nunha serie de nomes e adxectivos pexorativos: folgazán/folgazana; folgazáns/folgazanas.
Por último, nas palabras cultas incorporadas tarde á lingua, a terminación segue o seguinte esquema:
-ano/-ana; -anos/-anas (urbano/urbana, humano/humana, vexetariano/vexetariana)